Un condutor estámpase contra unha clínica dental en Cambados
Publicado o 10/12/2019 13:38
Un condutor estrelouse esta madrugada contra unha clínica dental en Cambados. O vehículo acabou coa parte dianteira dentro do establecemento. Ocorreu sobre a unha da madrugada na rúa Olmos. O condutor, que quedou ileso, asegurou que perdeu o control do coche despois de pisar o freo. O vehículo rebentou varios cristais e provocou importantes danos materiais na clínica.
Ata o lugar do suceso trasladáronse efectivos de Protección Civil de Cambados, que apuntalaron a fachada e tapiaron a zona do impacto.