CRTVG

Buscar

Un condutor de camión queda ferido e perde a carga nun accidente na Pobra do Caramiñal

Publicado o 09/10/2020 15:53

Aparatoso accidente na Pobra do Caramiñal. O condutor dun camión tivo que ser liberado logo de saír da vía e envorcar co seu vehículo.

Circulaba en sentido Ribeira e transportaba material de construción.

Como consecuencia do accidente, o camión perdeu parte da carga e a circulación tivo que ser interrompida para facilitar as tarefas de limpeza da vía.

O condutor foi trasladado ao hospital da Barbanza.

Noticias web

09/10/2020