CRTVG

Buscar

Un comercio de Allariz permite aínda pagar con pesetas

Publicado o 24/09/2019 21:49

Queda algo máis dun ano para que rebusquemos nos petos e recunchos onde atopar pesetas. Aínda hai comercios onde lles dan valor, coma esta tenda de deportes de Allariz.

Cada certo tempo recolle as pesetas que lle traen os clientes e lévaas para cambiar na oficina do Banco de España na Coruña. Son válidos billetes e moedas que eran de curso legal no momento en que entrou en vigor o euro, é dicir, o 1 de xaneiro de 2002.

Pasaron case dúas décadas e aínda hai, segundo os últimos cálculos, uns 270.000 millóns de pesetas en circulación, o que equivale a uns 1.600 millóns de euros.

A partir do un de xaneiro de 2021 as pesetas de toda a vida deixarán de ter valor comercial para converterse en pezas de interese numismático.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/09/2019