CRTVG

Buscar

Un comentario sobre o coronavirus, orixe dunha liorta multitudinaria en Vilagarcia

Publicado o 20/07/2020 15:15

Segundo relatan algunhas testemuñas, o grupo de mozos madrileños xa protagonizaran algún incidente ao longo da noite na entrada de varios locais de copas. Tras o peche dos bares ao parecer ducias de mozos trasladáronse á zona de aparcadoiro próxima para seguir de festa e bebendo e foi ai onde se producìu o enfrontamento. Na liorta houbo varios feridos leves e onte mesmo pola tarde, varios dos implicados presentaron denuncias na comisaria con partes de lesións.

Aínda así, os hostaleiros réstanlle importancia a un episodio violento que rexeitan, pero que aseguran é puntual. Aseguran os hostaleiros que os locais cumpren con todas as medidas esixidas para evitar os contaxios , nun sector especialmente castigado pola crise do coronavirus, pero a situación escapa do seu control cando pechan e os mozos se xuntan nos arredores e relaxan as medidas.

A preocupación medra no sector porque serían os primeiros afectados no caso de que se decreten peches a causa dos rebrotes polo ocio nocturno.

Noticias web

20/07/2020