Un colexio da Coruña instala medidores de aire nas aulas para garantir a seguridade e confort dos alumnos
Publicado o 27/01/2021 15:08
Algo que xa temos claro en relación co coronavirus é que os aerosois son unhas das principais vías de contaxio, e precisamente desta afirmación foi de onde xurdiu a iniciativa da ANPA dun colexio da Coruña.
Co fin de controlar a calidade do aire nas aulas, adquiriron 36 medidores que funcionan como un semáforo e informan sobre a saturación do ambiente.
Aínda que levan pouco tempo empregándoos, a medida está sendo moi ben acollida porque axuda a evitar, na medida do posible, que os pequenos pasen demasiado frío xa que, cando o medidor está en verde, as xanelas poden estar pechadas.
A instalacións deste semáforo para medir a calidade do aire pretende garantir a seguridade e o confort térmico.
Máis sobre A Coruña
05/03/2021 17:35
04/03/2021 21:48