CRTVG

Buscar

Un cociñeiro de Santiago, o mellor mestre da grella de Galicia

Publicado o 24/10/2019 21:12

Neste restaurante compostelán sérvense os chuletóns feitos polo mellor mestre da grella de Galicia. Recíbenos mans á obra, posuidor e sabedor do título que ostenta, pero aínda un chisco sorprendido

A batalla non foi nada fácil. Enfrontáronse os 14 mellores grelleiros do país. Todos usaron o mesmo carbón, as mesmas grellas e a mesma materia prima, un costelar de vaca Simmental de once anos de idade e 40 días de maduración. Onde está entón o segredo?

O xurado catou a cegas, valorou e elixiu a carne feita por Víctor Lores, do Papatorio de Santiago. Agora tócalle representarnos na gran final, o 31 de marzo, en Madrid.

Con ou sen trofeo, nós, se queremos pasalo ben comendo, xa sabemos onde está o mellor mestre da grella do país.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/10/2019