CRTVG

Buscar

Un coche da Policía Local de Vilagarcía queda atrapado na pasarela da Xunqueira

Publicado o 15/04/2020 22:20
Un coche da Policía Local de Vilagarcía queda atrapado na pasarela da Xunqueira

Dous axentes da Policía Local vilagarciá quedaron atrapados na pasarela da Xunqueira que cruza o río do Con mentres perseguían uns mozos que se reuniran no parque.

Ademais da pouca consistencia das táboas, que non soportaron o peso do coche, a pontella remata nunhas escaleiras, algo co que tampouco contaron os policías. Parece ser que ambos integrantes do vehículo se acaban de incorporar ao corpo policial.

Máis sobre Vilagarcía de Arousa