Un coche cae o mar en Vilaboa e os ocupantes saen polo propio pé
O accidente producíase na baixada á praia de Deilán pasadas as once da noite. Un lugar que desemboca neste areal e que non permite aos vehículos vir a gran velocidade por tratarse dunha vía bastante estreita e sen beirarrúas. Por causas que se investigan un dos coches, o que baixaba, precipitouse uns tres metros por mor do impacto e caeu ao mar.
O condutor que caeu ao mar, un taxista duns corenta anos, saíu polo seu propio pé e non se feriu. Tampouco o condutor do outro coche. Ao lugar achegáronse Protección Civil, pero tamén Atestados e un camión de bombeiros do Morrazo que só puideron amarrar o coche cunha corda a terra, para que non o levase a marea. Investigan se o accidente se puido deber a un exceso de velocidade.
Arestora están á espera de que un guindastre de grandes dimensións poida retirar o vehículo nas próximas horas. Ningún dos condutores era veciño da zona.