CRTVG

Buscar

Un coche aparece enriba do gardarraíl da avenida Alfonso Molina, na Coruña

Publicado o 27/12/2020 13:44

Imaxe curiosa a que nos deixa un accidente sen consecuencias graves na Coruña. Esta mañá, un coche apareceu enriba do gardarraíl da avenida de Alfonso Molina en dirección saída da cidade. A Policía Local non sabe exactamente a que hora se produciu esta saída de vía. O condutor non deu aviso do accidente. Os axentes pensan que debeu saír do vehículo polo seu propio pé e marchar deixándoo no lugar do sinistro.

Noticias web

27/12/2020