CRTVG

Buscar

Un can chamado Pancho é o veciño máis coidado da Cañiza

Publicado o 28/10/2019 13:46

Chovía na Cañiza, por iso atopamos a Pancho na ferraxería. Alí ten cama e refúxiase nela para durmir ou descansar se o día é un pouco gris. 

Á hora de comer, a cousa cambia. Sabe que cun simple ladrido nesta carnicería entenden que Pancho ten fame.

Acompaña os veciños no café, pero para a cea prefire outros locais onde todos agariman a Pancho. Aseguran que é un can educado que se fai querer. Estando na Cañiza, xa imaxinan cal é un dos seus pratos favoritos.

Pancho camiña sobre tres patas porque foi atropelado. Curárono os veciños e un deles adoptouno, pero non se acostumou a vivir nunha casa. É un auténtico espírito libre e un dos veciños máis queridos na Cañiza. Nós podemos dar fe de que desprende tenrura por onde pasa.

Noticias web

28/10/2019