CRTVG

Buscar

Un camión que transportaba becerros saíu da vía na AG-53 en Piñor

Publicado o 22/05/2019 20:44

Un camión articulado que transportaba becerros para o seu engorde tivo un accidente na autovía AG-53, á altura do municipio ourensán de Piñor.

O camión circulaba en sentido a Ourense para coller a autovía A-5 en dirección a Zamora. Por causas que se descoñecen, o vehículo saíu da vía e quedou envorcado na gabia. Nin o condutor nin os animais sufriron ningún dano.

A Garda Civil de Tráfico tivo que cortar o carril dereito da estrada para poder trasladar os animais a outro camión e rescatar o vehículo sinistrado.

Noticias web

22/05/2019