CRTVG

Buscar

Un bar de Vilagarcía, asaltado dúas veces en sete meses

Publicado o 21/07/2020 17:10

Neste bar do centro de Vilagarcía encontráronse onte coa experincia dun roubo de características similares ao que viviron xusto sete meses antes. As cámaras de videovixilancia rexistraban unha acción que era como xa vista.

Tres individuos encapuchados, con luvas e unha maza, entraban pola porta que dá á rúa Santa Eulalia despois de forzaren a reixa de protección. Nun tempo inferior aos trinta segundos rebentaron a máquina comecartos para extraerlle o diñeiro, colleron a caixa rexistradora onde había uns oitocentos euros e fuxiron. Na súa acción, os autores ocasionaron danos no ordenador da caixa.

Non se descarta que sexan os mesmos individuos que entraron pola forza no mesmo establecemento o vinte de decembro. Daquela a videovixilancia deixou constancia dun asalto que durou uns segundos máis que este último. Á parte da rapidez con que actuaron, a maneira en que o fan e a pouca luz axudan a que a identificación dos asaltantes non se sexa tarefa doada.

Noticias web

21/07/2020