CRTVG

Buscar

Un axente da Garda Civil que ía en moto, grave tras ser alcanzado por un vehículo

Publicado o 19/06/2020 12:41
Un axente da Garda Civil que ía en moto, grave tras ser alcanzado por un vehículo

Un axente da Garda Civil de Tráfico que circulaba en motocicleta quedou ferido grave nun accidente no municipio de Mazaricos, segundo informa Tráfico. Ocorreu pasadas as nove da mañá no quilómetro 2,500 da AC-441, entre A Pereira e Berdoias.

O axente, dirixíase a atender un sinistro viario, empregando os sinais acústicos e luminosos regulamentarios, cando se incorporou un vehículo pola marxe dereita que chocou coa motocicleta no seu carril de circulación, malia que esta circulaba con preferencia.

O axente, que está fóra de perigo, foi trasladado ao Hospital Clínico de Santiago de Compostela con posibles fracturas na perna e no brazo esquerdos.