CRTVG

Buscar

Un autobús impacta contra un covid-auto na Coruña

Publicado o 07/01/2021 12:54

Na Coruña, un autobús urbano impactou contra o covid-auto do barrio do Ventorrillo. O vehículo quedou atrapado baixo a cuberta, polo que foi necesaria a asistencia dos bombeiros para poder liberarlo.

Por sorte, non houbo danos importantes, pero por seguridade as probas PCR que estaban programadas para hoxe foron trasladadas ao centro de saúde.

Noticias web

07/01/2021