CRTVG

Buscar

Un atentado deixa 27 falecidos e 80 feridos no sur das Filipinas

Publicado o 28/01/2019 09:20

Dúas bombas causaron 27 falecidos e oitenta feridos nunha igrexa católica ao sur das Filipinas. A maioría das vítimas son civís que acudían á misa. Foi no recinto relixioso da cidade de Joló. A primeira explosión producíase no interior da catedral e a segunda na súa contorna. As autoridades do país reforzaron a seguridade en todos os lugares de culto da zona. E puxeron en marcha unha operación para perseguir os supostos responsables do ataque, que ata o momento, non foi asumido por ninguén. O atentado prodúcese só días despois da celebración dun referendo encamiñado a lograr a paz na rexión.





 

Noticias web

28/01/2019