CRTVG

Buscar

A zona cero de Paramos, escenario dunha homenaxe ás vítimas, cando fai un ano da traxedia

Publicado o 23/05/2019 09:11

A zona cero da parroquia de Paramos, en Tui, será escenario esta tarde dunha homenaxe ás vítimas e aos damnificados pola explosión do almacén ilegal de material pirotécnico, cando se fai un ano da traxedia.

O acto comezará exactamente ás 4 e 23 da tarde, xusto o momento en que se producía a explosión que mudou para sempre a vida dos veciños e a desta parroquia e que lle custou a vida a un matrimonio de orixe marroquí.

Precisamente, en homenaxe a eles, a asociación de afectados lerá un texto tamén na súa lingua, o árabe. Farase unha ofrenda floral e para simbolizar o rexurdir da aldea plantarán un carballo e lerán un comunicado de agradecemento pola solidariedade recibida.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

23/05/2019