CRTVG

Buscar

Un agricultor de Ortigueira cultiva máis de 40 variedades de tomates

Publicado o 20/09/2019 16:51
Un agricultor de Ortigueira cultiva máis de 40 variedades de tomates

Setecentos metros cadrados de invernadoiros, seiscentas plantas e algo máis de 40 variedades de tomates. Hainos autóctonos.

Hai tomates locais, e tamén variedades de todo o mundo.

Cultívaos todos, sen sulfatar, Chema de Couzadoiro, parroquia de Ortigueira. As sementes son da procedencia máis diversa.

Chema leva tempo plantando tomates pero menos dun ano apostando por comercializalos, polo de agora na zona, pero confía en ampliar o seu mercado. Cuestión de tempo, di, e de gustos. Por variedades non será.


 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/09/2019