CRTVG

Buscar

Un afroamericano consegue o liderado dun grupo nenonazi nos Estados Unidos para destruílo

Publicado o 03/03/2019 21:48

Un activista afroamericano converteuse en líder dun grupo nenonazi nos Estados Unidos co obxectivo de disolvelo e, de feito, xa presentou unha autodemanda xudicial contra a organización.

James Stern, que así é como se chama, logrou situarse á fronte do Movemento Socialista Nacional, un grupo neonazi moi coñecido nos Estados Unidos. O anterior líder desta formación está implicado no proceso polo atropelo dunha muller en Charlottsville cun coche que conducía un supremacista branco e que bateu contra unha manifestación. Stern convenceuno para que lle cedese o poder e así protexelo xudicialmente. Pola contra, aproveitou a situación para iniciar un proceso legal contra a organización neonazi. Xa fixera no pasado algo semellante contra unha fraternidade do Ku Klux Klan.


 

Noticias web

03/03/2019