CRTVG

Buscar

Un acto dos bombeiros de Vigo en apoio do persoal sanitario acaba en multa

Publicado o 01/04/2020 21:39

Cinco bombeiros do parque de Balaídos de Vigo protagonizaron un acto de apoio aos profesionais da sanidade que loitan contra o coronavirus e podería rematar nun expediente para eles ou para o seu mando.

Ás oito da tarde subiron a un dos camións para tocar unhas cancións e o vídeo fíxose viral. Parece ser que non gustou moito e dende a Xefatura pediron un escrito detallando o sucedido.

A idea xurdiu porque querían facer un percorrido pequeno co camión e poñer a sirena, pero como non lles deixaron saír, decidiron facer algo no propio parque. Tan só tocaron dous minutos e pode haber algún expediente.

Noticias web

01/04/2020