CRTVG

Buscar

Un accidente deixa 5 mortos e 60 feridos en Pensilvania

Publicado o 06/01/2020 17:06

O accidente tivo lugar nunha autoestrada preto de Pitsburg, na madrugada do domingo. Segundo as primeiras informacións, proporcionados polos voceiros da propia autoestrada, un autobús saíu da calzada cando tomaba unha curva costa abaixo.

Bateu contra un terraplén. Despois foron contra el os vehículos que ían detrais: entre eles un par de grandes camións articulados.

Morreron cinco persoas e outras sesenta tiveron que ser atendidas no hospital. A maioría das vítimas son pasaxeiros do autocar, que ía cheo de turistas procedentes de Nova York. As causas da saída de vía do autobús xa están a ser investigadas pola xunta nacional de seguridade nos transportes dos Estados Unidos.


 

 

Noticias web

06/01/2020