CRTVG

Buscar

O 70% dos contaxiados en España na fin de semana son menores de 30 anos

Publicado o 11/08/2020 09:30

No resto de España, os contaxios aumentan a un ritmo que impón: máis de 8.600 durante a fin de semana. Case 1.500 nas últimas 24 horas. A gran maioría, un 70%, son menores de 30 anos, e non parece ser por casualidade.

Xuventude, noite e alcol, que sumados dan como resultado ausencia de medidas de seguridade. Estas que ven son as rúas de Ribadesella esta fin de semana, cando se tiña que celebrar a festa das piraguas. Non houbo baixada do río, pero os mozos concentráronse nas portas dos bares.

Imaxes coma esta, que se repiten con demasiada frecuencia, poñen no foco os adolescentes e o ocio nocturno e tamén axudan a que o virus siga esparexéndose.

Noticias web

11/08/2020