CRTVG

Buscar

Un 25 de xullo sen verbenas en Galicia

Publicado o 24/07/2020 21:31

A madrugada do 25 de xullo é, xunto coa do 15 de agosto, a noite de máis verbenas e festas en Galicia. Aldeas, vilas e cidades terían hoxe unha noite de troula de non ser polo coronavirus. O sector máis afectado é o das orquestras e todos os profesionais que o rodean. Os rebrotes do virus están a facer que se cancelen as xa poucas actuacións que había contratadas e o impacto económico está a ser moi forte e sen visos de recuperación a curto prazo.

"O momento en que se fan cartos é este porque é cando hai festas. É obvio. Entón esto afecta a todos os profesionais. Representantes, músicos, técnicos, a todos os que estamos neste negocio."

Dende as orquestras insisten en que hai protocolos para que se poidan realizar verbenas con todas as garantías sanitarias, de xeito similar a como se regula o acceso a praias e terrazas. Entenden o temor de concellos e comisións de festas pero advirten dun risco de perda de empregos no sector.

"Estamos vendo que son máis perigosas as xuntanzas familiares, que é onde se producen os contaxios, que non as verbenas ao aire libre, onde non hai risco."

A pandemia chegou xusto cando as verbenas estaban a piques de ser declaradas como Patrimonio Cultural Inmaterial de Galicia.

Noticias web

24/07/2020