CRTVG

Buscar

Un 14% dos 31.000 estranxeiros que chegaron en xuño a Santiago procedían dos EE.UU.

Publicado o 18/08/2019 14:12

De Italia, Israel, México, os Estados Unidos, Taiwán, Corea... Non hai recuncho no mundo a onde a fama do Camiño de Santiago non chegue. Sexan cales sexan os motivos que os movan a facelo, todos coinciden en destacar os valores humanos da xente que atopan andando e de quen os recibe, especialmente en Galicia.

Fala un peregrino de Israel: "Fíxeno coa miña nai, con meu irmán e meu tío, que nos trouxo a Santiago. Realmente pensei que ía ser aburrido, pero foi fantástico. É fermoso. A xente é marabillosa. Estou impresionado de que todo o mundo me bendixera, me dera os bos días e me saudara cun bo camiño! É incrible!"

Durante o mes de xuño na Oficina de Peregrinacións entraron máis de 49.000 peregrinos. Por nacionalidade, e aínda que no verán unha gran cantidade deles son españois, dos máis de 31.000 estranxeiros que chegaron ata Santiago, o país que maior número de peregrinos achegou foi os Estados Unidos, con 4.240, case un 14% do total.
 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

18/08/2019