CRTVG

Buscar

Ultimos preparativos para ter todo listo para as cabalgatas de reis

Publicado o 03/01/2020 14:32

Se se achegan a tarde do domingo á Coruña, poderán ver como este reno arrastra a torre de Hércules polas rúas da cidade. Tamén as maxestades de Oriente: Melchor, Gaspar e Baltasar, as súas carrozas están xa case preparadas para participar nunha cabalgata que promete vir cargada de luz.

 Óscar Naveiro, encargado da empresa de iluminación:" Terá tiras led, terá grilanda e algúns
adorno máis especial para que a xente vexa que bonitas quedan as carrozas da Coruña"

Nada menos que 12 carrozas e 250 rapaces realizarán este percorrido, que sairá ás cinco e media da tarde dende Os Castros e rematará sobre as oito e media en María Pita.

Atonio Yáñez, organizador da Cabalgata:"A temática desta cabalgata é a maxia, entón, en fin, os renos, intentamos facer iso, maxia" "Vai haber toneladas de caramelos, sen glute, este ano vai haber un toque de calidade nos caramelos"

As restantes vilas galegas tamén preparan os últimos detalles con vistas ao desfile máis máxico do ano. Unha cita que non poden perder e en que, ademais da ilusión, parece que vai acompañar o bo tempo.


 

Noticias web

03/01/2020