CRTVG

Buscar

Turquía invade o norte de Siria tras bombardear posicións kurdas

Publicado o 10/10/2019 08:27

Turquía  iniciou, baixo o nome de operación Fonte de Paz, a ofensiva militar no norte de Siria contra  as milicias kurdosirias.

A  decidión de Erdogan chega tras a conversa do seu homólogo estadounidense, Donald Trump, quen  anunciou por sorpresa que retiraba as  súas tropas de Siria e deixaba sós os seus antigos aliados na  loita contra o Estado Islámico.

Os kurdos informaron de que avións turcos bombardean xa intensamente catro cidades, provocando  vítimas entre a poboación civil e a fuxida en masa dos veciños. O Consello de Seguridade da ONU  reunirase de urxencia para abordar a ofensiva turca.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/10/2019