CRTVG

Buscar

Turismo e deporte van da man en Expourense

Publicado o 15/11/2019 15:12

Turismo e deporte van da man na feira Sportur que se está celebrando en Expourense. Galicia explora as posibilidades como destino deportivo, para desestacionalizar o turismo. Desde as actividades náuticas aos grandes eventos deportivos, pasando polo propio Camiño de Santiago.

Facer o camiño de Santiago non é só un exercicio espiritual, tamén físico, o que o converte nun reclamo desde o punto de vista do turismo deportivo. 

"Xente que vén do trail e que o fan para adestrarse", di  Marco Gómes, Touroperador de Fátima.

É un dos aspectos que abordan os operatores turísticos internacionais que participan na feira. Tamén se promociona o atletismo, que esta fin de semana encherá hoteis e restaurantes de Ourense coa carreira do San Martiño.

"Hai sitios onde basean a estratexia turística no deporte. E en Galicia temos os mimbres para poder facelo" asegura Lalo Gómez, vicepresidente da Federación Galega Atletismo.

As actividades de montaña, incluída a caza... e as acuáticas tamén fan as súas propostas para estender o turismo máis alá dos meses de verán.

"Aquí no inverno, calquera persoa da zona da Bretaña francesa, aquí está na gloria", cre Manuel Villaverde, presidente da Real Federación Galega de Vela.

O turismo deportivo xera no conxunto de España preto de 14.000 millóns de euros ao ano.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/11/2019