CRTVG

Buscar

Tui bríndalle un caloroso recibimento a Filipe VI na súa visita á Comandancia Naval

Publicado o 02/09/2020 18:15

O rei elixiu Galicia para comezar os actos oficiais do novo curso. Filipe VI visitou hoxe a Comandancia Naval de Tui.

Choque de cóbados e bos desexos para darlle a benvida a Tui a un rei, cinco séculos despois de que o fixera Manuel I de Portugal no ano 1502.

Filipe VI visitou a Comandancia Naval e paseou polo Miño no Cabo Fradera, o único patrulleiro fluvial e o segundo buque máis antigo da Armada.

Tras a travesía o Rei comentou con Alberto Núñez Feijóo o labor deste buque que fai traballos xestión e vixilancia no treito internacional do río coa misión de que se cumpra o Tratado de Límites que asinaron España e Portugal.

Nesta recepción estiveron tamén o delegado do Goberno, o presidente do Parlamento e outras autoridades, pero non os alcaldes do Rosal, Tomiño e As Neves, do BNG, en protesta pola figura da monarquía.

O último acto público de Filipe VI fora o 17 de agosto en Eivisa.

Noticias web

02/09/2020