CRTVG

Buscar

Trump: "Se non logramos un acordo coa China, subirei os aranceis aínda máis"

Publicado o 19/11/2019 19:02
Trump:  "Se non logramos un acordo coa China, subirei os aranceis aínda máis"

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, subliñou este martes que, se non se logra un acordo comercial coa China, "os aranceis subirán aínda máis", no medio das conversas entre Washington e Pequín para ratificar a "primeira fase" do pacto e rebaixar así a guerra comercial.

"Se non logramos un acordo coa China, simplemente subirei os aranceis aínda máis", dixo Trump nunha reunión co seu gabinete presidencial na Casa Branca.

Noticias web

19/11/2019