CRTVG

Buscar

Trump manda sentar a Pedro Sánchez no cumio do G-20 en Osaka

Publicado o 28/06/2019 19:30

Os líderes do G-20 están reunidos en Osaka, no Xapón. A xuntanza está marcada polo aumento das tensións globais, como o enfrontamento comercial entre Os Estados Unidos e A China. E, de feito, Donald Trump está no centro de todos os focos con xestos como o que tivo con Pedro Sánchez, interrompendo a conversa para sinalarlle onde tiña que sentar.

Os líderes aínda non lograron pactar un comunicado de mínimos sobre asuntos como o cambio climático.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/06/2019