CRTVG

Buscar

Trump logra colocar a Barrett no Supremo

Publicado o 27/10/2020 08:28

A xuíza conservadora Amy Barrett xa forma parte do Tribunal Supremo dos Estados Unidos. 52 republicanos no Senado confirmaron a Barret para ese cargo vitalicio e 47 demócratas mais a republicana Susan Collins votaron en contra.

Barret xurou o cargo na Casa Branca, cando queda unha semana para a celebración das eleccións presidenciais. O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, logra así a consolidación da maioría dereitista para as próximas décadas no Alto Tribunal, o máis importante do país, tras un proceso apresurado que se iniciou o 18 de setembro. Foi cando morreu a carismática xuíza Ruth Bader Ginsburg, símbolo do feminismo e o progresismo, á que Barrett reempraza.

Noticias web

27/10/2020