CRTVG

Buscar

Trump diríxese á nación para tratar a crise coa fronteira con México

Publicado o 08/01/2019 20:36

O presidente dos Estados Unidos, Donald Trump, viaxará pasadomañá ao sur da fonteira con México.
Alí vaise reunir coas autoridades fronteirizas no medio dunha crise que afecta medio Goberno. A disputa polos orzamentos para levantar o polémico muro mantén parada parte da Administración desde hai máis de tres semanas. Esta noite, Trump vaise dirixir aos estadounidenses para falar, previsiblemente, da seguridade fronteiriza e da crise humanitaria. A expectación é máxima porque podería anunciar alternativas para financiar o muro, que require de 5.600 millóns de dólares.

Noticias web

08/01/2019