CRTVG

Buscar

Trump declara o estado de urxencia financiar o muro na fronteira con Mexico

Publicado o 15/02/2019 21:26

  Esa medida, adoptada utilizando os seus poderes especiais como presidente, sen o consentimento do Congreso, permitiralle ter acceso a partidas orzamentarias reservadas a catástrofes naturais. Trump alega unha entrada masiva de drogas desde México

Declarando esa emerxencia nacional o presidente de EUA salta ao Congreso para obter o diñeiro do muro fronteirizo. Serán aproximadamente oito mil millóns de dólares os destinados para levantar a barreira con México, tres deles provenientes da propia declaración e o resto de fondos do orzamento do Pentágono, tamén do fondo de comisos por drogas do departamento do Tesouro e máis de mil aprobados pola Cámara Baixa onte no acordo alcanzado para evitar un novo peche de goberno. Trump falou de “invasión de drogas, de cuadrillas, unha invasión de xente” no país para xustificar esta medida coa que se abre unha pelexa política e legal xa que varios líderes demócratas xa anunciaron que van recorrer a medida nos tribunais, é máis o propio mandatario republicano recoñeceu que este movemento podería acabar no Tribunal Supremo onde, lembremos, existe unha maioría conservadora.
 

Noticias web

15/02/2019