CRTVG

Buscar

Trump confirma a morte do líder de Al Qaeda na península Arábiga

Publicado o 07/02/2020 08:57

Donal Trump acaba de confimar que, durante un ataque aéreo, as tropas estadounidenses en Iemen mataron o líder de Al Qaeda na península Arábiga. Qasem Al Rimi era o líder do grupo terrorista na zona e facía parte de Al Qaeda desde á década dos 90, cando colaborou con Osama Bin Landen en Afganistán.

Trump confirma así unha nova que xa adiantara a semana pasada o New York Times, só unhas horas despois de celebrar, cun acto na Casa Branca, o fracaso do xuízo político contra el. O presidente dos Estados Unidos non escatimou críticas ao partido demócrata. Nin tampouco ao único republicano que votou na súa contra. A Mitt Romney chamoulle "choromicas".

Noticias web

07/02/2020