CRTVG

Buscar

Trump condena o "supremacismo branco" e pide reforzar o control das armas

Publicado o 05/08/2019 20:26

Donald Trump chama os Estados Unidos a condenar o racismo, a intolerancia e o supremacismo branco, tras as críticas que está recibindo desde os tiroteos da fin de semana, pola súa política migratoria. Sobre a reforma ao control de armas non se pronunciou. De momento, ascenden a 30 o número de vítimas.

O número de vítimas na matanza do sábado neste centro comercial de El Paso aumenta a 21 tras falecer, nas ultimas horas, un dos feridos graves. Este masacre axitou o debate político sobre o racismo e a tenza de armas, de cara ás eleccións presidenciais do 2020. Sobre todo porque o domingo se rexistrou un novo tiroteo en Ohio, con 9 vítimas mais.

As autoridades investigan o tiroteo de El Paso como un caso de terrorismo doméstico e un delito de odio, e van pedir a pena de morte para o autor.

Donald Trump confirmou este luns que se trata dun mozo branco, de 21 anos, que minutos ante publicara nunha web un manifesto criticando a "invasión hispana de Texas".

"Esta nación debe condenar, cunha soa voz, o racismo, o fanatismo e o supremacismo branco, dixo Trump nunha mensaxe á nación.

Deste modo contestaba ás críticas que desde o sábado culpan a súa dura política migratoria como un dos factores que alimentou a vaga de violencia contra os hispanos.

El Paso ten preto de 700.000 habitantes, a maioría de procedencia mexicana. O Goberno deste país pediu nas últimas horas que se controlase a venda indiscrinada de armas, pero Trump asegura que foron a enfermidade mental e o odio os que dispararon, non a pistola, para defender, unha vez máis, o dereito a portar armas nos Estados Unidos.

Polo momento descoñecense os motivos do ataque de Ohio.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

05/08/2019