CRTVG

Buscar

Triunfo solvente do Obradoiro diante de Guipúscoa (85-76)

Publicado o 17/10/2020 22:48

O Obradoiro retomou a competición cun triunfo solvente sobre un rival directo pola permanencia como Guipúscoa Básket (85-76). As intencións obradoiristas quedaron claras nos primeiros cinco minutos (15-3). O 22-12 do primeiro cuarto falaba dunha gran actitude defensiva.

Guipúscoa achegouse a seis puntos (27-21) pero dúas triplas de Muños e Suárez volveron a darlle a tranquilidade a Obradoiro que se apoiou en Birutis para chegar ao descanso con 7 puntos de vantaxe (42-35). 

O terceiro cuarto foi o momento do Obra e de Czerapowicz que anotou 10 puntos. Os de Moncho Fernández colleron unha máxima diferenza de 18 puntos (62-44) e sentenciaron o partido. No último cuarto o cadro local mantivo sempre a marxe por riba dos 10 tantos para facerse co triunfo. 

Birutis volveu a ser o máis destacado con 20 puntos, ben secundado por Robertson (16), Beliauskas e Czerapowicz (10). 

Noticias web

17/10/2020