CRTVG

Buscar

Triste terceiro aniversario en Chandebrito polo incendio en que morreron dúas mulleres

Publicado o 15/10/2020 14:31

Os montes de Chandebrito presentan unha nova imaxe. Máis de 7.000 persoas traballaron arreo na plantación de preto de 30.000 árbores novas.

A Administración galega construíu un depósito de auga para que puidesen cargar os helicópteros. E unha escultura tamén lembra as dúas vítimas mortais: Maximina Iglesias e Ángelina Otero. No incendio tamén se calcinaron dúas vivendas e houbo estragos en moitas outras.

A imaxe das lapas devorando a parroquia persiste na retina e na memoria de todos eles. Tamén o momento do desaloxo que moitos incumpriron e outros fixeron moi ao seu pesar.

As administracións e as empresas e a xente en xeral implicáronse con Chandebrito, pagaron repoboacións e viñeron plantar. Malia todo o rsico cero non existe os eucaliptos aínda seguen en predios privados e beiravías. Por iso todos piden maior sensibilidade, respecto e prevención para evitar outro incendio como o que sementou o terror en outubro de 2017.

Malia todo moitos pensan que foron moitas a cousas que cambiaron desque se produciu o incendio na filosofía desta parroquia de case cincocentas persoas en Nigrán.

Noticias web

15/10/2020

Máis sobre Nigrán