CRTVG

Buscar

Triplo dobre e derrota para Doncic

Publicado o 01/08/2020 14:03

Doncic volveu xogar e volveu acadar un triple dobre: 28 puntos, 13 rebotes e 10 asistencias contra os Rockets. É a décimoquinta vez que o acada, o xogador menor de 22 anos que en máis ocasións o logrou na historia da NBA. Pero como semella que hai cousas que non cambian, o seu equipo, os Mavs, perderon, deixaron escapar unha renda de sete puntos a 45 segundos do final. Aí emerxeu a figura de James Harden, 49 puntos, que forzou a prórroga. Doncic, eliminado por faltas, non puido xogar os intres decisivos.


Tamén houbo tempo extra no encontro entre os Blazers e o Grizzlies. Venceron os de Portland 140-135 e apertan a loita polo oitavo posto do oeste.


A esa praza optan tamén os San Antonio Spurs, que derrotaron os Kings 129-120. A imaxe dese partido foi esta, o adestrador Greg Popovich e a súa axudante, Becky Hammon non se axeonllaron durante o himno porén o seu compromiso contra o racismo quedou patente nas camisolas. O partido decidiuse no segundo tempo, destacou De Rozan, que meteu 17 dos seus 27 puntos no derradeiro cuarto.

Noticias web

01/08/2020