CRTVG

Buscar

Trinta chefs participan nos Menús 1906, que maridan gastronomía con cervexa

Publicado o 27/07/2020 15:10

Mirar atrás para agradecer e respirar. A marca de cervexas 1906 propón unha iniciativa que marida gastronomía e recoñecemento. Queren premiar aqueles colectivos que estiveron en primeira liña na loita contra a covid-19 convidándoos a desfrutar dun menú diferente. E, ao mesmos tempo, apoiar a hostalaría.

Na camapaña participan 30 restaurantes das principais cidades galegas, pero tamén de localidades como Ribadeo, Viveiro, Fisterra ou Carballo que elaboran menús 1906. Propostas que mariden coa cervexas da marca. Pepe Solla é un dos chefs que apuntou a esta idea.

Menús con ideas sorprendentes. Pero, claro, queremos ver un exemplo do que podemos maridar con cervexa.

Taco de filloa con elaboración minuciosa. É unha das propostas dos 1.000 menús 1906. Mil experiencias que sortearan entre todos aqueles que se anoten na web desta marca de cervexa ata o 31 de xullo, mil afortunados.

Noticias web

27/07/2020