CRTVG

Buscar

Tributo en Alacante a Ignacio Echeverría, heroe dos atentados de Londres do 2017

Publicado o 10/05/2019 14:53

Homenaxe a Ignacio Echeverría, o coñecido como o heroe do monopatín pola súa actuación nos atentados de Londres do 2017 que acabou custándolle a vida. 

Seu pai visitou hoxe en Alacante o parque de skate que leva o nome do seu fillo.

A vida de Ignacio Echeverría saíu do anonimato tras os atentados que deixaran oito mortos na noite do tres de xuño do 2017 en Londres.

Echeverrría, moi afeccionado a patinar, tratou de golpear co seu monopatín un dos terroristas que agredira unha moza, pero outros dous terroristas asestáronlle dúas coiteladas polas costas que acabarían matándoo.

A prensa británica comezou entón a falar de Echeverría como do heroe do monopatín.

Seu pai visitou hoxe en Alacante o parque de skate que leva o nome do fillo e lembrou que o seu acto heroico permitiu salvar outras vidas.

O pai de Ignacio confirmou que está escribindo un libro en memoria do seu fillo.







 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

10/05/2019