CRTVG

Buscar

Triacastela promociona a hostalería e os produtos locais

Publicado o 24/04/2020 20:20

As rúas e negocios de Triacastela, antes ateigados de veciños e peregrinos, quedaron agora baleiros, pero dende as casas non paran de traballar. O Concello fixo un chamamento aos hostaleiros para que colgaran as receitas das súas especialidades nas redes sociais.

Bares, restaurantes e casas de turismo rural comezaron a facer as súas achegas e non faltan nin as sobremesas nin os pratos máis tradicionais. Dende O Escondite, Jessica apostou por compartir a receita do seu prato estrela, o cocido, a base de produtos locais.

Seguindo as indicacións de Rosa tamén podemos elaborar paso a paso unhas croquetas caseiras, un pequeno manxar que sempre conquista a grandes e pequenos.

Agora coa súa axuda toca practicar na casa e cando remate o confinamento achegarse a Triacastela a degustar estes pratos in situ.
 

Noticias web

24/04/2020