Tres persoas mortas e catro feridos nun mesmo día en Castellón
Publicado o 27/09/2019 20:51
Accidente tráxico en Castellón. Morre unha persoa e catro máis quedan feridas leves. Ocorreu na AP-7 ao seu paso Alcalà de Xivert nunha colisión múltiple de tres camións, un turismo e unha motocicleta. O accidente, que provocou o corte de tráfico en sentido Barcelona, é o segundo accidente grave acontecido este vernes na provincia. Dúas persoas máis morreron hoxe noutra colisión entre dous vehículos acontecida a primeira hora da mañá en Peñíscola.