CRTVG

Buscar

Tres novos falecidos elevan o número de vítimas da pandemia en Galicia a 2.259

Publicado o 03/03/2021 21:08
Tres novos falecidos elevan o número de vítimas da pandemia en Galicia a 2.259

As autoridades sanitarias acaban de informar do pasamento de tres persoas diagnosticadas de coronavirus. Con estes datos, a cifra total de decesos elévase a 2.259 desde o comezo da pandemia en Galicia.

• Onte faleceron un home de 80 anos no Hospital do Salnés e un varón de 79 anos no CHUS.

• Nas últimas 24 horas perdeu a vida un varón de 91 anos no CHUS.

O Servizo Galego de Saúde informa de que as tres vítimas presentaban patoloxías previas.