CRTVG

Buscar

Tres novidades no Lugo, que mantén o equipo base da pasada campaña

Publicado o 13/07/2019 15:11

O Lugo completou a primeira semana de adestramentos, marcada polo continuismo no banco e na columna vertebral do conxunto. Pero tamén pola chegada de tres novos xogadores que veñen refrescar ao equipo.

Desde o Alcorcón, previo paso, polo Pontevedra, o centrocampista Borja Domínguez, unha vella aspiración do clube. Borja Domínguez. C.D. Lugo: "Grazas a Deus, aquí estou despois de todos estes anos de falar e de estar en contacto, estou moi contento e agardo devolvelo con fútbol".

Desde o Vilarreal e tras xogar cedido no Raio Majadahonda, o porteiro Ander Cantero quen coincidiu con Roberto no Osasuna cando aínda era cadete. Cantero. C.D. Lugo: "El foi o primeiro que contactou conmigo, que me explicou o proxecto, que me explicou o seu xeito de traballar e é de agradecer".

E por último, desde o Castela fichado por Osasuna, o centrocampista levantino Jaume Grau, a quen se lle puido ver nas últimas temporadas contra os equipos galegos de Segunda B. O Celta B sufriuno hai dúas temporadas. O seu reto, seguir medrando Jaume Grau. C.D. Lugo: "É un clube que aposta por xente xoven e a min paréceme un gran equipo onde medrar, onde coller experiencia e onde aprender moito esta temporada".

O equipo voltará ao traballo o vindeiro luns cunha dobre sesión de adestramento.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

13/07/2019