CRTVG

Buscar

Tres furtivos sorprendidos con sacos de vieiras en Mugardos

Publicado o 21/12/2019 21:45

Dous buzos foron sorprendidos cando transportaban os sacos de vieiras dende unha embarcación a este coche en Mugardos. Os dous homes e unha terceira persoa que se atopaba no vehículo foron idenficados e recoñecidos como "furtivos" reicindentes pero é que ademais na Ría de Ferrol, onde operaban, a extracción deste bivalvo está prohibida debido á presenza de toxina amnésica.

A conselleira do Mar confírmao "encontrouse unha rede de furtivos que se adicaban a extraer vieira de Ría de Ferrol de maneira ilegal. Unha vieira que ten toxina e non se pode comercializar co risco que isto supón para a saúde dos consumidores", di Rosa Quintana.

A operación continúa aberta e sospeitase que os furtivos pertencen a unha rede máis ampla de extracción e comercialización de vieira. A conselleira do Mar, Rosa Quintana apela á responsabilidade dos cidadáns para mercar unicamente produtos etiquetados e con garantias da súa orixe .

"Temos intensificados todos os controis. É unha cuestión de toda a sociedade, de consumir só produtos perfectamente etiquetados e envasados"

O Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia analiza a vieira incautada este venres. Se nela hai presenza de tóxina, os furtivos poderían ser acusados dun un delito contra a saúde pública.



 

Noticias web

21/12/2019