CRTVG

Buscar

Tres empresas probarán un nanochip creado en Vigo para detectar salmonelose na carne

Publicado o 20/01/2019 13:08

A demanda do mercado determina que sexa a carne de polo a primeira en ser examinada con este sensor, que emprega nanopartículas de ouro para detectar a presenza de salmonelose por pequena que sexa a cantidade de bacterias.

Nuns días 3 empresas españolas empezarán a probalo, pero xa quince en toda Europa amosaron interese por unha tecnoloxía que nun futuro se aplicará á deteción de contaminantes na auga e ao diagnóstico de enfermidades como o cancro e a celiaquía.

Co proxecto Heatsens, esta empresa creada nas universidades de Vigo e Zaragoza foi unha das 48  firmas europeas e a primeira galega en conseguir o financiamento de dous millóns de euros da Comisión Europea para produtos innovadores.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

20/01/2019