Tres detidos por unha suposta agresión sexual a unha menor en Valencia
Publicado o 20/10/2020 14:39
Novo caso dunha suposta agresión sexual en grupo a unha rapaza menor de idade na provincia de Valencia.
Hai tres mozos detidos, un deles menor de idade, que pasan hoxe á disposición da xustiza.
Os feitos producíronse o sábado pasado. Un hospital de Gandía alertou a policía tras atender unha rapaza supostamente violada por varios mozos nunha zona apartada da localidade. Investígase ademais se a drogaron.
Ao parecer, a agresión foi gravada e difundida por mensaxería móbil.
Máis sobre actualidade
18/01/2021 21:30