CRTVG

Buscar

Tres detidos en Huesca pola venda fraudulenta de material sanitario

Publicado o 20/05/2020 12:23

A Garda Civil detivo un home na localidade oscense de Jaca por facerse pasar por xerente dunha empresa sanitaria.

O detido ofrecía en farmacias e centros veterinarios material de protección contra a COVID-19, como máscaras ou xeles hidroalcólicos, sen estar habilitado para facelo.

Ao mesmo tempo eran arrestadas na localidade xienense de Baena outras dúas persoas pola venda fraudulenta por Internet de material sanitario. Os arrestados están acusados dun delito de fraude continuada.

Noticias web

20/05/2020