CRTVG

Buscar

Tres coches quedaron calcinados na Coruña nun incendio de madrugada nas Lagoas

Publicado o 20/05/2020 12:53

Na Coruña, investíganse as causas do incendio que esta madrugada calcinou por completo un vehículo.

Provocou un forte estourido, tal e como recollen estas imaxes gravadas por un veciño da zona, moi preto do paseo marítimo. Ata o lugar desprazáronse axentes da Policía Nacional e unha dotación dos bombeiros. Cando chegaron puideron comprobar que as lapas xa se estenderan a outros dous vehículos e lles provocaran tamén danos importantes. Por sorte, non houbo feridos. Axentes da Policía Científica tratan de determinar xa se o lume puido ser intencionado.


 

Noticias web

20/05/2020