CRTVG

Buscar

Tres camioneiros morren atropelados na A-6

Publicado o 18/01/2021 14:11
Tres camioneiros morren atropelados na A-6

Morren tres camioneiros atropelados por un tráiler cando axudaban a apagar un incendio no camión dun deles. Unha traxedia que sucedeu na A-6 en Tordesillas, cando un camión que transportaba un vehículo de bombeiros de Melilla á Coruña se incendiou.

Detívose na beiravía e dous camións máis pararon para axudar o condutor. Foi entón cando outro camión levou os tres por diante logo de impactar lateralmente co tráiler.

Os servizos de emerxencia non puideron máis que certificar a morte dos tres camioneiros.


 

Noticias web

18/01/2021