CRTVG

Buscar

'Tres camiños' comeza a súa rodaxe co nexo de unión de cinco peregrinos

Publicado o 28/01/2020 15:25

Este martes presentouse en Madrid un novo proxecto audiovisual co Camiño de Santiago como protagonista. 'Tres camiños' comeza a súa rodaxe o vindeiro luns, e a súa estrea está prevista a finais deste ano con motivo do Xacobeo 2021 e a participación da Televisión de Galicia.

Cinco personaxes con cadansúa lingua, alemán, italiano, coreano, portugués e galego, tres camiños e tres etapas da vida. A peregrinaxe a Compostela será o nexo común desta aposta con xerme no Xacobeo 21.

Entre os protagonistas que percorrerán o Camiño, caras coñecidas coma as de Álex González e Verónica Echegui, ademais dun elenco internacional con Andrea Bosca e Anna Schimrigk.

Unha serie de seis capítulos con rodaxe en Galicia e noutros lugares do Camiño.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

28/01/2020